sábado, 31 de diciembre de 2011

Aninovo...

"E chega outro ano... e pasa tamén..." como di o himno non oficial do celta... Seguiremos nas noites de pedra...
Parabéns pra os que merecen...

sábado, 3 de diciembre de 2011

Top model

Últimamente síntome un top model...  Non o digo pola miña planta... recoñezo que a miña estatura non é un dos meus fortes, pero bueno... Tampouco pola miña mirada felina, xa que cada vez ando máis miope. Tampouco polo meu sorriso... dende a derradeira vez que fun ó dentista, procuro non abrir moito a boca, non vaia ser que lle ocorra algo... Tampouco o digo pola miña asistencia a eventos, ou por ser amigo de Donatella Versace, ou polos meus viaxes ó redor do mundo (como moito vou a Bellvitge). E moito menos pola miña dieta... eso xa é outra historia...
Simplemente afirmo que me sinto como un top model por que seica hai fotos miñas por todo o mundo...
Vivir preto de Sagrada Familia e ter que coller o metro, é exporse directamente a saír nas fotos que os meus queridos turistas sacan sen parar ó inacabable monumento de Gaudí. Ó principio tentaba esperar a que sacasen a foto... pero ás veces a interminable espera era demasiado desesperante... Despois houbo una época no que ó saír nas fotos facía algún xesto coa man ou tentaba poñer algunha cara estúpida... pero acabáronseme os recursos... Polo cal, ó final decidín saír nas fotos coas miñas mellores galas, e dignamente... Probablemente estarei retratado en fotos de xente do Xapón, Alemaña, Francia, Italia, etc... eso é unha tremenda responsabilidade...
De todas formas sigo a pensar, ¿por que carallo non compran unha postal que sae todo máis bonitiño?

sábado, 5 de noviembre de 2011

Ser humano ou non selo...

Esta mañá, falaba eu co compañeiro e amigo Pablo, sobre as críticas que fai a xente.
Cando algunha xente non ten nada malo que dicir... tampouco di nada bó, entón, cala. É dicir algunhas persoas se non te din nada, é que a cousa está ben feita, senón, xa se encargarán de recordarche os erros que comeste...
Cousas do ser humano, que ás veces, e contradictorio, por non dicir outra cousa.
Bueno, ahí seguimos pra adiante...  Por outra banda, Cataluña semella á terra con esto da choiva. Amén.

http://www.youtube.com/watch?v=IaymN2mkaC0

domingo, 23 de octubre de 2011

Eu, pedante.

Lía eu un comentario, ou crítica según se mire, que apuntaba con respecto á obra dun gran amigo meu: "me recuerda a un corto de Trueba..., no está mal ". Vaia comentario máis pobre.
O caso é, que sei de primeira man, que a obra en sí, nada ten que ver con Trueba (gran director por certo), ou quizáis si, iso é o de menos. Pero é a reacción ante unha obra a que me perturba. Certas persoas non poden simplemente calificar, sempre dan un apunte pedante, sobrante, ou que simplemente non interesa ós demais.
Obviamente a orixinalidade hoxe en día e moi dificil de atopar, pero non é esa unha característica negativa. Os pedantes creen que non ser orixinal é un defecto, e non é mais que unha cualidade, a acumulación de coñecementos previos é a verdadeira orixinalidade, as persoas somos as orixinales, non as súas obras. Si recorda a Trueba, pois que recorde, e non hai outra...  Wagner non é orixinal, ten moito de Schonpenahuer, Beethoven e Liszt entre outros, e sen embargo dise de el que a súa música, e a súa obra literaria, son únicas...
Vaites... seica acabo de ser un chisco pedante...
Qué carallo...

jueves, 13 de octubre de 2011

A verdade na música

Hai uns días conversaba co meu amigo JJ sobre a tremendísima evolución nos medios e nos equipos audivisuais. As novas cámaras de vídeos, os equipos de grabación, a progresiva revolución informática..., e dicir, as tremendas facilidades que pode ter alguén que quere facer un corto ou unha película. Sen embargo tamén afirmaba que o único que faltaba pra facer boas películas, cortos, etc... eran boas ideas: talento...
Apliquei eu o mesmo concepto, pero na música. Cada vez hai máis tecnoloxía, máis instrumentos, máis ordenadores, máis DJ´s que "inventan" cousas novas, sen embargo, a música polo xeral ten menos calidade.
Onte puiden volver a sentir a pureza da música, por sorte pra min. Na sala Salamandra volvín a sentir música con maiúsculas. Dous grupo que descoñecía: DGM e Pagan´s mind deron un recital de verdade na música. Pouco escoitara deles, pero dende logo demostraron profesionalidade e paixón, e unha música en directo e sen artificios, que esconde en coreografías absurdas e parrafadas inútiles as carencias musicais noutros "artistas".
Despois tocaron os mestres do metal progresivo: SYMPHONY X. Apoteósico. Brutal. E sobre todo: Verdadeiro. Música en directo de verdade. Uns músicos virtuosos que por gracia do destino coincidiron nunha mesma banda e sobre todo unha voz brutal, perfectamente afinada e sobre todo con potencia (chegados a este punto non quero poñer como antónimo a xente como Shakira, Enrique Iglesias, Black eyed peas, e un larguísimo etcétera)...
Aínda conservo esperanza pra atopar a verdade na música...

domingo, 18 de septiembre de 2011

Verbal

Ás veces gústame ver películas na soedade... e disfruto plenamente do séptimo arte. O silenzo. A pantalla, eu, e algo de beber. Mais nada.
Pero outra veces é necesario compartir esos intres máxicos... desfrutalos pero coa persoa precisa.
Iso pasoume con Verbal Kint (seica se escribe así), é dicir Kevin Spacey en "Sospeitosos habituais". Xa mirara esa obra mestra hai anos. Pero esta vez foi diferente...
Estabas ti.
E agora se falo de Verbal, ou do seu alter ego Kaiser Soze, saberei que ti tamén o sabes...

martes, 23 de agosto de 2011

PAPA ROCKS

O verán pasa. Segue a transcurrir a vida. Os derradeiros acontecementos sorprendéronme. A visita do representante de Cristo na terra, á capital do estado foi realmente abrumadora. Podes estar ou non de acordo con os mandatos, suxerencias ou imposicións da igrexa católica, pero é innegable o seu poder de convocatoria, e de delirio semimístico que produce nalgunhas persoas. Pra min, que non son, nin fun, ni serei, mitómano, resulta chamativo ese fervor. Incluso admirable comprombar como milleiros de persoas conservan intacta unha cualidade do ser humano que semella en crisis, pra non faltar a costume. Refírome á FE.
É positivo comprobar que hai moitas persoas con fe. Reconfórtame. Non estou a favor do tal Benedicto nin o que representa, e a crisis relixiosa na que vivo sumido xa hai demasiados anos tampouco axuda. Simplemente o concepto: a FE. Xa sexa en Cristo, en Benedicto, nun equipo de fútbol, nun ideal, nunha persoa...
Pensei en refutar, atacar, desmontar, toda parafernalia da visita do xefe de estado do Vaticano, pero iso sería demasiado sinxelo, incluso cruel, por que eles mesmos o fan. Co cal, preferín darlle a volta... Noraboa a todos os que aínda temos Fe (non relixiosa, senón de calqueira tipo).
O que está claro é que o home que viaxa polo mundo en sotana ten bastantes adeptos. PAPA IN TOUR!!! Amén!!!
http://www.youtube.com/watch?v=GROhJX5h99Q

domingo, 17 de julio de 2011

Son un vampiro...

Non. Non son un vampiro. Aínda que ás veces gustaríame selo. Non por aquelo da inmortalidade. Iso é unha carallada. Máis ben, pola cousa de non ter que ir o dentista.
O outro día quitáronme un dente de siso ("muela del juicio"" jaja), e bueno debo admitir que non doeu. A dentista é unha gran profesional, pero debo admitir o respeto que me dan estas cousas (por non dicir medo). Ese tempo, o redor duns 45 minutos, sentado coa boca aberta a máis non poder, constitúen un gran período de reflexión nestes tempos de premura e estrés.
Hai tres grandes reflexións desa tarde que poden ser realmente importantes.
1. Os dentistas cobran unha pasta sí, pero non me cambiaba por eles. Teñen que ver todo tipo de bocas. Algunhas bocas son realmente noxentas ( non é o meu caso, obviamente), e ter que reparar nelas debe ser un exercicio de verdadeira profesionalidade e control dos impulsos pra non vomitar. Co cal, sí, cobran ben, pero é merecido. E como a ópera. Sí, e cara, pero detrás dunha montaxe hai unha morea de xente importante: coro, operarios, músicos, solitas, director musical, etc., e eles tamén teñen que comer, digo eu.
2. Estiven 45 minutos sen pensar en sexo. E unha boa forma de desconectar dos vicios de cada un. Estar sentado nesa especie de cadeira eléctrica, faite esquecer todo. É unha verdadeira terapia.
3. Nuna pensei que podería ter tantas cousas metidas na boca. Creo que é unha verdadeira revelación. É como darte de conta de que podes facer cousas que antes semellaban imposibles. Houbo un momento na intervención que tiña catro ou cinco aparatos metidos na boca.
Agora espero impacientemente a miña próxima visita, para o sicólogo... digo... dentista.

martes, 12 de julio de 2011

8-X

Unha noites atrás, o 8-X, fumos a un bar chileno. Boa comida e mellor ambiente. Xusto coincidiu que Chile xogaba un partido da copa América contra o Uruguay de Forlán. O bar comenzou a estar cheo de xente. Todos chilenos evidentemente, coas camisetas da súa selección e bandeiras. O ambiente comezou a ser moito máis festeiro, a medida que se achegaba o partido. Comezaron a facer fotos, a cantar frases de ánimo... mesmo nós sacamos unha foto coa bandeira chilena. Non puidemos ver o partido, por mor de que o día seguinte ela traballaba, ela chilena, a culpable de que leve parte do sentimento chileno dentro. Rimos, cantamos, bebimos... e Chile empatou, aínda que pra min iso era o de menos... Un galego, medio paraguaio, en Barcelona cunha sueco-chileno nun bar chileno, nun partido da copa América. Ás veces si que é posible a unión, o entendimento, a comprensión dun sentimento... e non ten que ser necesariamente nunha circunstancia negativa.
http://www.youtube.com/watch?v=GRmre8ggkcY

viernes, 24 de junio de 2011

Profeta na miña terra...

O 27 de marzo do 2010, repito, do 2010, aproximadamente ás 22,00 da noite, comezabamos Pablo (pianista e amigo) e mais un servidor, un recital de música de cámara e arias de ópera, no Pazo de Mos (a escasos 500 metros de onde viven os meus vellos e pagan os seus impostos a ese concello). A sala prácticamente chea, acolledora, pero cunha acústica un pouco seca. Tamén moi mal aproveitada, por que seica era a primeira vez que en ese escenario se planificaba un evento deste tipo. No programa "Voz e piano en dous xéneros distintos", interpretamos nunha primeira parte pezas de música de cámara de compositores como Mozart, Beethoven ou Schubert entre outros, e na segunda arias de ópera e zarzuela de compositores como Wagner, Verdi ou o o compositor galego Soutullo. Pablo e mais eu quedamos contentos co resultado. A acollida do público foi moi calurosa, especialmente pra min, que actuaba na miña terra, diante dos meus, e incluso por primeira vez o meu vello escoitábame cantar. A xente pediunos un bis, e nos fixémolo. E dende logo foi unha gratísima experiencia pra nós tocar diante de xente que nunca na súa vida escoitara este tipo de música en directo, e que ao final do concerto, "agradeceunos ese bautismo musical".

Agora ben, xa a finais de agosto do 2011, repito 2011, aínda estamos sen recibir o pago polo evento. Primeiro as evasivas da concelleira de Cultura (e Urbanismo), que foi a que nos contratou nese tempo, a señorita Sandra Temes, automaticamente rematado o concerto, xa non respondeu máis o teléfono, nen os mails. Despois da súa dimisión ( poden ler a noticia http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/09/25/sandra-temes-abandona-gobierno-mos-dirigir-empresas-familiares/475836.html), xa directamente dirixímonos o departamento de Tesorería, no que ademais das evasivas, quedou en clara evidencia a pouco educación dalgún dos membros deste departamento. Polo tanto, xa nos quedou dirixirnos directamente á novamente reelixida alcaldesa do concello Nidia Arévalo. Polo menos, con eduación afirmou que o concello non tiña cartos, e que polo de agora non podería pagar. No mesmo programa de eventos dese ano (Vive o camiño en MOS, dentro do programa do Xabobeo) tamén actuou Pereza e mais Manolo Escobar (que finalmente non fixo a súa actuación, por motivos de saúde). Gustaríame saber se eles xa teñen cobrado o seu.
Se chega unha multa ou imposto dun concello, non podes alegar que non tes cartos pra pagarlles. O terrible peso da xustiza caerá sobre ti...
¿Qué facemos nós?
Toda esta burocracia falsa, este abuso de poder, non me quita a razón de polo menos terme sentido profeta na miña terra...

sábado, 18 de junio de 2011

Transformers

Os transformers, ademais da película, son tipos que cambian por diversas razóns, sen embargo os peores son os que cambian co éxito.
No úlitmo libro que lin, titulado JOHN, a primeira esposa de John Lennon, relata os anos nos que se coñeceron, cando ela quedou embarazada, e cando casaron. Todo iso nuns poucos anos nos que o éxito dos Beatles era inmenso. A soedade de Cynthia (a esposa) e a do pequeno Julian, foi brutal. E proporcionalmente o éxito conseguido, John cada vez estaba máis lonxe da súa familia, ata que de regreso dunha viaxe Cynthia atopou a John e a súa amanta, Yoko Ono, espidos na súa casa. Agora incluso a música dos Beatles con outro espíritu.
A xente cambia, e esquece demasiado pronto. Coñezo varios casos. Desaparecen, non saúdan, e semellan mortos que algunha vez pasaron polas nosas vidas.
Tiña que escribilo, que carallo...
Espero non ser nunca un transformer...
As outras persoas, as opostas, non sabería como chamalas, pero son as de amor incondicional, entrega, a afecto verdadeiro. Destas non coñezo tantas, pero si as suficientes.
Amén.
http://www.youtube.com/watch?v=UAlrFJbGdgw

domingo, 22 de mayo de 2011

Ecce homo

Xa levo uns anos, pode ser que un pouco antes de chegares á cidade dos eramus, á coñecida Barcelona, que levo cavilando na miña posición política... O único que teño claro é que hai que tomar partido, xa que a indiferencia provoca unha ausencia de sinrazón no ser humano que non é positiva, nin sana. O pior de todo, e cando este falta de decisión ben marcada por unha falta de ofertas interesantes que apoiar. A miña última reflexión desembocara nunha autocracia de meu... Nunha defensa dos meus, nunha defensa heróica, se cadra esaxerada, da pouca xente que realmente me importa. Esta autocracia ven pode ser chamada egoísmo, que non egocentrismo, ou estar preto desa indiferencia política na que tanto temo caer. Esa frase de : "Eu de política paso, dáme igual...", é unha sentencia que tantas veces teño escoitado, e que tantas veces xurei non dicir nunca... Pero éche así.
Doutra banda, o ser humano é egoísta, e dende logo os ciclos polos que nos movemos no nosa vida dan lugar a sacar ás veces o pior de nós mesmos. Seica temos o que merecemos... Seica podemos cambialo... Seica a autocracia é o camiño pra a liberación de todos nós. A preocupación por reflexionar e ter claro o que queremos e un comezo, a consecución duns valores plenos e nobres, é importante se o pobo quere constituir os cimentos dunha estructura sólida.
Aínda non teño clara a postura. Dende logo que o alzamento popular, a indignación dalgunhas persoas, faime atisbar unha pouca de esperanza... Pero aínda non son quen de pechar os ollos e percorrer un camiño do que aínda non podo ollar a paisaxe. Pra iso xa collo o metro tódolos días pra ir traballar.
Gustaríame ver a paisaxe, aínda que sexa un deserto, ou un polígono industrial, ou algo similar a pasar pola ponte de Rande...
Agora que estamos na caverna, e preciso ver a luz. Namentras seguirei dándolle ós miolos... pra ver se logro quitarme esta néboa de altamar.

sábado, 14 de mayo de 2011

Os Corleone...

Todos sabemos quen son os Corleone, ¿non si? Michael, Santino, Freddo... etc... e o gran patriarca Vito... bueno pois si non sabedes, a mirar "The Godfather" (en versión orixinal se pode ser, aínda que sexa con subtítulos). Pois o conto ven, a que ultimamente aconteceron cousas, nas que te das conta de que poucas das verdadeiras alianzas que temos de por vida son a familia (monoparental, tradicional, ou como carallo sexa, familia o fin e o cabo) e se temos sorte dúas ou tres amizades de por vida, e algunhas outras que sabes que sempre estarán ahí, e outras que aparecen pra quedarse pra sempre.
Outras simplemente desaparecen, sen deixar rastro, ou deixando un cheiro sospeitoso que dá lugar a sospeita, e incluso á desconfianza, e incluso á indiferencia. (Aludidos: mala sorte).
Por iso queda a familia, que sí, algunhas veces tamén as trae, pero mira... éche o que hai.
Despois a familia vaise aumentando e crecen os lazos, as conexións..., pero con outras persoas simplemente desaparece...
Ahí estaban os Corleone..., a familia (iso si, nun amplo sentido da palabra e con algúns erros loxísticos, como o que lle aconteceu a Freddo) sempre o primeiro... Tamén estaba o consigliere, que non era parentesco de sangue pero sen embargo tamén era parte importante. Ahí queda iso... unha reflexión un pouco frouxa nunha tarde chuviosa no exilio...

http://www.youtube.com/watch?v=wPJM4czWkNw

miércoles, 20 de abril de 2011

Por favor...

Nunca entendín certas cousas: Nunca entendín ós vexetarianos... Nunca entendín o terrorismo... Nunca entendín certas condenas destas de 50000000 anos por asasinato pra despois saír ós 5 anos... Nunca entendín á xente que lle gusta os centros comerciais... e bueno, con diferentes grados de incomprensión, e distintos grados de respeto, podería citar moitísimos máis exemplos. Sen embargo, o que non entenderei nunca, e isa pregunta que se fai a cotío de :¿És dos Beatles ou dos Rolling?...
Por favor... The Beatles é un grupo sublime, creativo, agresivo, arriscado, bueno en resumo, son xenios... The Rolling Stones é un bo grupo dos 70... os seus fans son moi respetables... Pero en serio, calqueira que teña un pouco de visión musical poderá darse conta de que xogan en divisións distintas.
Tiña que dicilo... cagho na cona pra iso abrín o carallo do blog... 


http://www.youtube.com/watch?v=q5-tGX6_-vo

viernes, 15 de abril de 2011

Antónimos...

Hoxe un coñecido meu, un rapaz duns 15 anos, fixo un comentario que me deixou un pouco sorprendido. Afirmou con rotundidade: "Yo quiero ser político, pero no de los que mienten...".
Case que automaticamente xurdíu a miña resposta: "Eso es imposible, son antónimos político y verdad".
El aclarou: "No, pero yo no quiero ser político en Madrid, o en Barcelona, quiero ser de la ONU o del Parlamento Europeo". Ahí teño que recoñecer que non souben ben que responder, aínda que a resposta anterior sería absolutamente válida pra esta nova afirmación.
De todas formas non sei se o meu escepticismo é exaserado, ou se os seus anhelos aínda non están pervertidos polo delicado cheiro do noso sistema, ou se polo contrario o meu escepticismo e xustificado e os seus desexos realmente están friamente calculados cunha fin sistemática de supervivencia acomodada...
Vou encher o bandullo con pementos de padrón e albariño...  Antónimos serían: pementos de padró e coca cola.
Amén!

domingo, 27 de marzo de 2011

Copuchentos...

Seica "copuchento" quere dicir en Chile (segundo as miñas fontes, moi fiables), algo semellante a "cotilla". Digamos unha persona interesada na vida dos demais, que lle gusta saber todo, que quere estar ó tanto de todo o que lle acontece ás persoas que coñece, xa sexa de forma persoal, como de oídas. Isto non é unha definición de ningún diccionario, simplemente estou un pouco inspirado despois do lacón con grelos que zampei o mediodía (inmellorablemente acompañado)...
Ó que ía... Esta semana nun dos meus paseos obrigados pola cidade condal, pasei por diante dun quiosco de revistas e periódicos. Pois mirando unha desas portadas, entre o Cosmolitan e o Cuore, había unha espacializada en historia, adicada na súa portada a Velázquez... non lembro exactamente o nome da publicación, pero o seu reclamo era "Velázquez: los detalles de su vida íntima"... De seguida pensei que o noso grado de cotilleo rebasara os límites de telecinco pra invadir a tódolos personaxes históricos da humanidade... e sentínme escandalizado. Mais pouco a pouco a miña reflexión virou, e pensei que non estaba de todo mal a idea. Se cadra polo menos aínda que a xente soubese a vida íntima de Velázquez polo menos sabería quen foi, aínda que non chegase a coñecer a totalidade da súa obra, pero menos dá unha pedra... Así podería haber programas de cotilleos históricos "Os líos amorosos de Alexandre magno", "A relación de Edipo coa súa nai", "A perversión de Schumann ó casar cunha menor", etc...
Deste xeito perderían importancia outros personaxes, que nada teñen que aportar as nosas vidas...
O de ser copuchento non podemos evitalo, así que...

sábado, 12 de marzo de 2011

VOLANDO VOY...

Recurro ó coñecido estribillo da canción composta por Kiko Veneno, e popularizada por un dos meus grandes referentes no arte, Camarón de la isla, pra darlle título á miña nova parrafada.
Sabado chuvioso na Galiza... chamádeme tolo, pero botaba de menos isto... ese aroma a chuvia, a herba mollada, o aire puro, que tanto escasea na gran cidade.
Pois ben, viaxando pra terra este xoves, fixeime ben nun feito, que por desgraza xa é habitual, e que se algún dos tres ou catro lectores que ten este blog, pode resolver, prégolles con fervor, dígnense a facelo.
Na compañía de baixo coste VUELING, sempre que despegamos de barcelona, todas as indicación son debidamente explicadas en castelán, inglés e en catalán... algo que obviamente paréceme perfecto. Sen embargo... na aterrizaxe, as consignas soamente son en castelán e en inglés... nunca en galego... Cousa que por outra banda paréceme un tanto irrespetuoso... O caso é que á volta, cando despego de Vigo, volve a suceder o mesmo: "la mascarilla se encuentra debajo de sus asientos bla bla bla..." en castelán e en inglés, nunca en galego... ¿Qué sucede ó aterrizar en Barcelona? Pois si, a sobrecargo, ofrece ós pasaxeiros unha calurosa benvida en castelán, en inglés, e en catalán... Non teño nin moito menos nada que reprochar a eses idiomas... respetables todos... menos, sa cadra, e como era en tempos pasados, menos co galego...
¿Qué carallo? Non son un virtuoso do galego... pero sí defensor e polo menos que a entidade linguística que representa á nosa terra sexa respetada.
Unhas das grandes virtudes do noso idioma, e o valioso refraneiro que posúe: "mexan por nós, e temos que dicir que chove".

E pra pechar, un xenio:
http://www.youtube.com/watch?v=o0-ED4e-r-U

domingo, 6 de marzo de 2011

Clavecín ben temperado...

Hoxe, esta mañá, ademais de espertar cunha actividade sexual frenética, tamén tiven unha imperiosa necesidade de escoitar a Bach, o compositor máis perfecto da historia da música se cadra, e non por ser perfecto deixa de ter alma, un alma inmensa, que aínda fai máis perfecta a súa música. O clavecín ben temperado é unha obra inmensa, feita con humildade, son sentimento, meticulosidade, e como desafío ás leis da música, que unha e outra vez Johann Sebastian superaba...
Neste mundo tan imperfecto, tan putrefacto, tan desorientado... faría falta que todos escoitasemos a Bach nada máis abrir os ollos... e desfrutar da paz, e desfrutar dun aparente desorden que está pensando en cada fusa, en cada semifusa, en cada silencio... quizáis recuperasemos un pouco de alma... de paz...
E deixariamos de pelearnos, de odiarnos, de loitar por causas alleas ó noso espíritu...
Sei que semella todo negativo, pero non... todo o contrario... mentras poida seguir escoitando a Johann Sebastian, sei que aínda queda un pouquiño de esperanza...

http://www.youtube.com/watch?v=5wmZDQ8XRDI

sábado, 5 de febrero de 2011

Cuestión...

Falaba hoxe cun amigo... Se tiveses que escoller entre comer ben ou botar un polvo, que farías? Puf... pensei... home... depende do momento. Hai veces que tes unha lareca de carallo, e por moito que te mires uns peitos, estarás a pensar en queixo de tetilla, ou nun cocido, ou noutra delicatessen da terra...; e por outra banda, pode ser que esteas nunha cea, grastronómicamente seductora, ben polos alimentos, ben pola compañía, e andes a pensar en dárlle á cintura, e devoras, e devoras, sen desfrutar do acto en sí...
Conclusión: facelo sempre con comida preto. Comer sempre ben acompañado, ou senón solo, que tamén é un alivio.