jueves, 20 de diciembre de 2012

La pescadilla que se muerde la cola...

Recurro a esta expresión en castelán, pra relatar o suceso de hoxe.
Andaba eu cavilando: "Fai tempo que non escribo no carallo do blog, pero e que non teño ganas... ademais non sei que escribir...".
Entón pensei en escribir que non teño ganas de escribir e así xa tiña escrito algo, e polo  menos as tres persoas que seguides o blog sabedes por que non escribo de seguido...
E nesas ando, agardando chegar ó frío...

domingo, 9 de diciembre de 2012

UCI

A UCI, é coñecida en términos médicos como a Unidade de Cuidados Intensivos... toco madera, espero non ter que estar ahí nunca...
Por outra banda, ás veces as persoas descoidamos á xente que queremos... e logo seica é necesario entrar na UCI metafórica.
Deberiamos lembrar, o resto das nosas vidas, que mundo remata en dúas semanas... e coidar á xente que nos quere...e que eles nos coiden a nós, por que seica os coidadores tamén necesitan ser coidados.
Amén e bo domingo.

domingo, 2 de diciembre de 2012

Chicotadas...

Recentemente fíxenme fan incondicional de "Pesadilla en la cocina". Normalmente non me deixo absorver por programas de este tipo, de telerrealidade como se di... Pero foi nestas que no primeiro programa coincidiu que o mirei, e morrín coa risa. Cada semana que pasa, o programa adquire outra dimensión. Sen deixar dun lado o toque humorístico, o chef Chicote tenta sacar o mellor das persoas, ás veces sendo un pouco violento, de cara ó espectáculo televisivo, pero dende logo que a mensaxe é clara: "Se queres, podes".
Vale que quizáis hai un guión, que todo está pactado, que o tipo lle da color (como se di), pero da igual, botas unhas risas (todos recoñecemos a gama de restaurantes que percorren a península, as súas lindezas, e a saber que maís), que o tipo éche un pouco brutiño, e ás veces malencarado, pero iso... tenta sacar o mellor das persoas.
Tenta sacar o "Yes, we can" que todos levamos dentro...
Non me chamedes raro... outros prefieren a Mourinho....

domingo, 18 de noviembre de 2012

Oda a Breogán...

Ás veces necesitas estar fóra da terra, pra reafirmarte nela. Fóra das súas fronteiras pra sentirte aínda máis achegado ás orixes. Lonxe da túa xente pra saber o verdadeiro amor que lles tes...
Ás veces necesitas non escoitar ás verbas, pra recordar que non deben ser esquecidas, e sentirte orgulloso da melodía do noso idioma, do noso acento.
Ás veces necesitas facer un cocido, pra saber como botas de menos o da túa vella.
Outros esquecen ás orixes.
Outros canto máis lonxe, máis preto...
Vou ver como vai o lacón...

lunes, 12 de noviembre de 2012

Conan, o bárbaro.

Todos coñecemos a Conan, o heroe dos comics, despois inmortalizado no cine por Chuacheneger. Un home ben feitiño, forte, e ó que lle dicían "o bárbaro", entendendo o calificativo como brutiño, pasado de voltas ou cunha sociopatía que tarde ou temprano desembocaría nalgun feito agresivo... Pero o final, sabiamos que Conan era un anaco de pan. Un bo tipo... Que mala é a xente, carallo.
Pra bárbaros temos os políticos, que andan a xogar a ver quen di a "barbaridade" máis grande. Pensei en poñer exemplos, pero é a hora da cena, e quero acabar hoxe. Se ledes calqueira xornal, ou vedes calqueira informativo, teredes un par de exemplos como mínimo cada día. Non hai sentidiño.
¿Cara onde vai isto? Da igual o bando, a ideoloxía, ou a bandeira... Hai exemplos pra todo.
E o que nos queda...
Conan, salvanos, carallo... mello dito... cona...

sábado, 27 de octubre de 2012

ERECCIÓNS...

Tiven que esperar unha semana pra poder escribir sobre o resultado das eleccións do noso país galego.
Tiven que agardar pra poder dixerilo. Quedei ingratamente sorprendido.
Tiven calqueira cousa menos unha erección...


http://www.youtube.com/watch?v=C8tACwy9cyQ

sábado, 13 de octubre de 2012

21 de outubro...

O 21 de Outubro, ademais de ser o aniversario dunha das miñas mellores amigas, e o día escollido pra ás eleccións ó Parlamento Galego. Eu, no exilio, e aínda empadroado na terra, decidín exercer o meu dereito a voto, pero por correo.
O servizo de correos levou pra miña casa tódalas papeletas dos diversos partidos que se presentan. Eu xa tiña perfilado o meu voto, (non podo dicilo que é secreto jaja).
De todas formas comecei a mirar tódolos demais partidos por si, nunca se sabe, atopaba algunha opción reveladora. Ó final foi máis ben o contrario. Aparte dos consabidos PP ,PSOE, e BNG, tiñamos o Partido da Terra, o Partido Animalista contra o maltrato animal, Por un mundo más justo, Falange Española de las JONS, Escaños en blanco, UPyD, Demos el cambio, etc., e pra acabar de arreglalo Sociedad Civil y Democracia, con Mario Conde Conde como cabeza de lista.( Pra os que non sepades quen é http://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Conde).
Mi madriña...
A cousa mete medo. ¿Algún quere montar un partido?
21 de Outubro, mellor pensar que é o aniversario de Cris. Máis nos vale!

domingo, 30 de septiembre de 2012

Roda, roda...

Ando enleado últimamente na música popular galega, e nos Tamara, e músicas nosas... que ás veces esquecemos e que non lle damos a importancia que merece. Hai pouco nos deixous Fito, o cantante de "A RODA", unha referencia ben importante na nosa música. Noutra terra, un referente tería moito máis recoñecemento. Dáme un pouco de magoa isto...
Bueno, polo menos o Concello de Vigo, prepara unha homenaxe o día 13 de outubro.
Eu tomarei este día pra seguir escoitando música da nosa, que confeso, tiña ben abandonada. Pero nunca é tarde meu...
http://www.youtube.com/watch?v=usJei1Ftg-s&feature=related

martes, 11 de septiembre de 2012

Identidade...

Hoxe é a diada. O día da patria Catalana. ¿Quen non o sabe? Nos medios do estado e cataláns xa nos levan informando hai días deste feito, e este ano sobre todo, da manifestación pro-independencia.
Non me entendades mal, non reprocho a mensaxe nen moito menos.
Aparte todo mensaxe dende o respeto, e sen odio, debe ser escoitado. Tanto dun "bando", como doutro, algo que ás veces e por parte dalgúns non é sempre así.
Eu falo dende a miña posición de galego; sempre que se fala das entidades nacionais dentro do estado español Catalunya e Euskal Herria son os lembrados. Os galegos quedamos doutra banda, apartados.
¿Que queda do antigo reino galego-portugués? ¿Que pasa coa nosa lingua? ¿Co incríble legado cultural que nos deixaron Otero Pedrayo, Castelao, Cunqueiro...?
¿Por que a nosa identidade é como unha mascotiña, como a terra do marisco e das praias, a terra deses simpáticos galegos? ¿Que carallo nos pasa?
Seica nos medios, no politiqueo, non somos demasiado incómodos, e somos pouco importantes... Aínda lembro o rebumbio que se montou no barrio de Teis de Vigo, cando quixeron colocar ahí a ditosa empacadora; no fondo somos bravús, e levamos o sentimento galego dentro, sen necesidade de reinvindicalo. Seica ese pode ser unha das nosas taras... ó peso que levamos no camiño.
Fáltanos un pouco de catalanidade.
A todo esto, feliz Diada a Catalunya.

domingo, 19 de agosto de 2012

Novo curso...¿nova vida?

Cheguei onte da miña fermosa terra galega, outra vez á cidade, cada vez  menos, devoradora...
Con aires renovados, con forza pra comenzar a "nova temporada".
Decidín deixar bigote pra simbolizar o cambio...
Hoxe, pasado un día, decidín quitar o bigote e seguir coma sempre.
Ás veces, os cambios veñen solos.

viernes, 3 de agosto de 2012

Reconciliacion...

Onte fun ver (inmellorablemente acompanhado) a ultima de Batman... Gustoume moito e reconcilioume co cine. Non co cine en canto as peliculas, senon co cine como lugar, como santuario, como lugar de recreacion artistica... dende logo peliculas asi hai que miralas dende a butaca.
Por outra banda, e deixando tolemias dalguns descerebrados a un lado, o malo da pelicula Bane, resultoume abraiante, fascinante, e revelador nalguns momentos. Tranquilos non vou mercar metralletas en EBAY, pero si que o seu discurso as veces era confuso en canto o grado de maldade ou verdade que ocultaba (nalguns momentos repito...). Unha boa pelicula midese tamen na maldade relativa do vilan...
Os valores as veces son difusos, e a dubida constante e a que nos fai ir atopando respostas.
Nota do autor: perdon polos acentos (ou a ausencia deles), ando a escribir nun ordenador que non e o meu... Glups

martes, 24 de julio de 2012

Miudiño...

Escribo hoxe dia 25 de Xullo, festividade do patrono Santiago Apóstolo... Sempre Galiza asociada á relixión, ou ben por exceso ou ben por defecto. Din dos galegos, que somos conformistas, dubidosos nas decisións, que estamos ahí... pero non estamos...
Nada máis lonxe da realidade... O colectivo galego é un ser de acción, tal e como afirmaría Pío Baroja, é un loitador, que a pesares dos inconvintes érguese e loita, pero sempre cun motivo, cunha razón... hai un galego na lúa disque... que ata somos cosmopolitas e corremundos... ás veces por que somos inquietos, outras por que (valga a redundancia) non hai outra...
Os galegos sempre dicimos que somos galegos...
Seica estou bébedo... Ó final somos todos ighuais, cagho na cona... Vou tomar outra licor café e deixarme de caralladas... Viva Galiza, a pesares de Rajoy, Feijoo, Fraga e Paquita "la culona"...
http://www.youtube.com/watch?v=d2-YnEKW7iw

miércoles, 11 de julio de 2012

Mi teshhhhoro...

Onte, pra facer tempo, e acompañado pola miña irmanciña, pasei por unha gran cadea de..., ó carallo, fun ó FNAC. Había unha oferta que non puiden deixar pasar, "The Lord of the rings" (as tres películas) por 11,95€. Un bo precio a verdade. Esto fíxome pensar no atormentado personaxe de Gollum ou Smeagol...
Cando Frodo lle dicía a Gandalf que por que non acababan con el, o mago advertía: "Creo que esta criatura, aínda ten un papel nesta historia...". Os que víchedes a película sabedes que o vello mago tiña moita razón, e o papel de Gollum foi determinante.
A miña mente perturbada relacionou a historia con Rajoy... Cando saiu elexido como presidente do Goberno, eu pensaba ¿que carallo vai facer este? Por que sacar a España da crise obviamente non...
Este pasado domingo comprendín todo: o papel determinante de Mariano, era lóxicamente ir ata Santiago, (cidade santa) pra devolver o Códice Calixtino ó seu lugar... ¿Quen pensaba que as cruzadas remataran?
Que grande Mariano... Eres o Gollum desta historia...

domingo, 1 de julio de 2012

20 anos...

Van 20 anos dos pasamento de José Monge Cruz, máis coñecido como Camarón de la Isla.
Ese día, eu casi nin prestei atención á súa morte... aínda non tiña o gran prazer de coñecer a súa forma de cantar, andaba enleado con Metallica e Guns and Roses. Hai poucas persoas que poden cantar coa alma, que poden expresar como el.
Nun momento no que a música dábame máis penas que alegrías, apareceu esa voz rasgada, fermosa e racial; conseguín atopar novamente a pureza nas notas musicais que xurdían da súa gorxa.
En certo modo salvoume, e fíxome amar novamente algo, que por sorte, forma parte indispensable da miña vida.
Hai 20 anos nin sequera me percatei de que marchaba un xenio, seica por iso hoxe seméllame que marchou outra vez...

domingo, 6 de mayo de 2012

sábado, 24 de marzo de 2012

Medo, meu, máis ben arrepío...

Mi madriña... vendo as actuacións do Palau, confirmo a crise... Glups...
Dani Martín, La oreja de van Gogh, Sidoni, Pablo Alborán (arrrrgh), Manuel Carrasco, Amaia Montero... Non critico a súa música, simplemente non me pegan no Palau. Os es tivechedes o pracer de estar ahí, saberedes que é un lugar máxico...
Usando unha metáfora simple... este concertos semellan como xogar ó golf no Camp Nou... os dous son sobre céspede, pero nada que ver...
Menos mal que Mariano nos defende... Sí, fainos vivir nun mundo de ilusións... (bueno... de mentiras...).

viernes, 3 de febrero de 2012

Vade retro...

Andaba eu matinando (os que tedes que coller o metro tódolos días, entenderedes o proceso), na música pra seleccionar e escoitar nos meus viaxes diarios... Propúxenme escoitar cousas novas... que si Coldplay, que si Amy, que si Adele, probei ata con Lady Gaga... probei con novos grupos de rock... e incluso outras músicas... Finalmente, e tras escoitar algunha canción interesante, mais soamente unha ou dúas dentro dun mesmo disco (no caso de Coldplay ningunha...) optei por agregar ó meu Mp3 o disco de 1976 "Sad wings of destiny" dos deuses do metal Judas Priest... Iso deume que pensar...
¿Serei un vellouco que négase a evolucionar...?, ¿ou acaso realmente a música de hoxe en día no ofrece nada interesante?
Tamén tirei de Astarot, por aquelo de tirar dalguén da terra... ¡Qué carallo!

http://www.youtube.com/watch?v=TXToYkkSg9M

lunes, 16 de enero de 2012

Porno

O sábado tomando o bendito café do almorzo, cometín o pecado de sintonizar na TV a canle Antena 3. Eran as 9 da mañá, máis ou menos... Nesa canle emitían un programa de... bueno de xente pegándose hostias continuamente. Un tipo en bicicleta, unha carreira de autos, uns rapaces saltando nunha cama elástica, e así unha morea de persoas levando golpes, iso sí todo ambientado cunha alegre música e unhas risas enlatadas que semellaban quitar dramatismo a unhas situacións nalgúns casos próximos á morte dalgunha desas persoas. Eu pensei que coma min, algúna nenos co cola cao estaría a ver esas doses de violencia bestial, pero que mesturados co esas músicas alegres e as risas enlatadas, semellaban un número de circo. Imaxinei a uns rapaces mallando noutro, mentre unha musiquiña servía de banda sonora ó acto, total máis ou menos é o que mostra a tele.
Despois desta reflexión preferín coller o café, enceder o ordenador, e mirar un pouco de porno...