miércoles, 29 de diciembre de 2010

Nadal...

Prefiro a Rafa Nadal que o nadal... si, xa sei, é un xogo de palabras demasiado sinxelo, pero que analizado pecha en si mesmo unha filosofía meditada, reflexionada e asumida. Prefiro a forza, o caracter, o afán de superación que ten ese rapaz en cada torneo, en cada partido, e en cada golpe que lle dá á bola. Prefiro ese nadal, que o que representan estas datas. Obviamente sempre hai cousas que valen a pena estas dúas semanas, pero é demasiado efímero, e ó único que ó final quedan son máis débedas. Non como Rafa Nadal, que vai dunha punta do mundo á outra a gañar e desfrutar, sen pensar no día que é, na hora que é, no país no que está. Seguramente ás veces non saberá que día da semana está a xogar contra Federer, pero sabe cales son as súas premisas e con elas vai ata o final. Ten ben claro o que quere. E traballa pra conseguilo.
De ahí o do que o chiste fácil, ten máis aquel que o que semella nun principio.
Nestes días de soedade, teño tempo pra pensar, ha de ser o ron...
Seica que remata o ano... eu ando como Nadal... non sei en que día vivo.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Mi madriña...

O martes pasado fun a un concerto. Unha artista tamil chamada M.I.A que eu descoñecía previamente, pero por circunstancias chegou ás miñas orellas. Teño que recoñecer que gustoume moito, si. Penso que sería unha sorte que a música do século XXI siga ese camiño. Música sinxela, pero comprometida. A voz da rapaza non é pra quedar abraiado pero a súa personalidade escénica si.
A mesma noite, na mesma cidade, Lady Gaga cambiaba de vestido máis de 15 veces. Mi madriña pensei cando mo contaron... Son un gran defensor de Lady Gaga sobre todo despois do vídeo de Telephone, pero quizáis é excesivo tanto cambio de vestiario. Bueno, e parte do show, digo eu (eu non cambio tanto nin en seis meses, sen embargo non cheiro mal, teño esa sorte).
Quizáis o mellor sería que existese Lady M.I.A e todos en paz.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Ñam ñam...

Nun mesmo día, viaxando no metro, puiden asistir a dous xantares. Non eran comidas de empresa, nin nada semellante. Senón que dúas persoas, tranquilamente sacaron o tupperware, e comezaron a devorar ás súas sendas comidas, a diferentes horas e diferentes liñas de metro. Un home saboreaba unha ensalada de pasta (non sei se o aliño estaba xa incluído) e unha muller devoraba os macarróns á boloñesa (son así de preciso, tanto polo vermello dos macarróns e o cheiro a boloñesa que rapidamente invadíu o vagón, un cheiro bastante agradable por outra banda, moito máis agradable que outras fragancias corporais que soen cohabitar nas miñas viaxes subterráneas).
A miña reflexión é sórdida: ou ben estas persoas levan a cabo este ritual pra non comer solas, ou ben non teñen nin tempo pra comer nun bar, nun fast food, ou simplemente un bocata nun banco...
Calquera das dúas é igual temerosa...
A xenté é o que come, din... E tamén do que se come se cría... Neste caso: de onde se come, un vive... Ou algo así..
Por sorte aínda non cheguei nunca a eses extremos: prefiro comer solo, ou chegar tarde.

domingo, 28 de noviembre de 2010

ERECCIÓNS...

Si, hoxe é o día das eleccións catalanas... Non sei quen gañará, seica o CIU, aínda que como a gran maioría non teño (vergonzosamente o recoñezo) moito interese. Ademais, aínda que xa levo no exilio uns 6 anos, aínda estou empadroado na Galiza (esa terra allea ás cousas e que semella unha parte afastada da península), co cal o meu voto non ten vixencia, nin importancia, nin trascendencia, nesta bendita terra.
Co cal asistirei a estas elección con pouco interese, pero sabedor da importancia que ten para o resto do estado. Cataluña é un país, maltratado en parte por unha imaxe, que certamente non é a máis xusta, eu que habito aquí podo dicilo, pero tamén podo afirmar con rotundidade, que Galiza, semella máis lonxe aqui, que Finlandia ou Suecia. A miña terra galega é unha especia de María Soliña, á que o resto da península condena ó esquecemento, e salva da fogueira polas súas praias e a súa prodixiosa gastronomía. Pero se mexan por nós, temos que dicir que chove, ¿non si?
Todo isto ven a conto, da morte de Fernández del Riego... de ahí a miña reflexión, seria, e pausada, síntome extraño neste domingo de urnas e previo ó partido de fútbol que esconde o ego de dúas nacións.
Eu polo tanto, darei, xa que a miña xuventude ten as horas contadas, máis importancia ás miñas propias ereccións.

Saúde, e a desfrutar do cocido os que podedes.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Los mundos de Yupi...

Hoxe, certa persoa, fíxome mención, personalizada e con mala fe, a aquela serie "Los mundos de Yupi", en referencia á miña vida, desprendida e bohemia. Sempre que alguen tenta atacar ós outros nese senso, sempre fai referencia a esta serie, sinónimo de ir ó teu, despreocupación, e un difuso obxectivo vital. Bueno, pode ser...
Pero o que non sabe a xente que utiliza esta expresión, e que o tal Yupi, tivo que facerse un lugar nunha sociedade en principio hostil ós seres doutro planeta, tivo que tentar de ser agradable, caer ben á xente, intentar pasar desapercibido, pra que a Nasa non viñera na súa busca e o cortase en pedaciños pra examinalo, e finalmente darse de conta, de que soamente era un boneco..., e sobre todo tivo que adaptarse ó terrible final dos anos 80..., e aínda máis terrible, tentar sustituir ó meu querido Espinete...
Polo tanto, non sei si tomarme esa expresión como un púlo, unha forma de apoio, un sinónimo de loita, unha especie de guerrilleiro da sociedade que tenta sobrevivir polos seus medios...
Se cadra non... seguramente foi un ataque directo, ás notas musicais que saen da miña gorxa, e que por sorte algúns nunca entenderán.
!Heil Espinete!

viernes, 29 de octubre de 2010

Habemus papa...

Esta vai ser unha semana importante... Benedicto XVI (¿quen carallo serían os XV anteriores?), vai visitar a miña terra, Galiza, e a tamén a terra na que habito na actualidade, e concretarmente ó mesmo barrio no que vivo. Esta serie de circunstancias fánme meditar, pensar, reflexionar... ¿será que o Papa estame a perseguir, a buscarme pra que retorne polos camiños da fe... terá falado con algún dos meus profesores do colexio xesuítico polo que deambulei os meus anos de infancia, e lle terá dito, o tal profesor, que agora ando a crer noutras cousas... e que inda por riba non vou a misa...?
Mi madriña... se é así, de seguro que ven pola miña casa a buscarme. Comprarei patatillas Lays e viño de máis de un euro... 
Namentras medito sobre todo esto, tamén cheguei á conclusión de que é fermoso, que veña o Papa, pra alentar a fe e as crenzas de milleiros de persoas que asistiran enfervorizados, non máis que prar ver a man dun velliño saudando, namentras pensa na mariscada que lle espera. É o que ten ser unha rock star. Por iso non me parece mal que o estado gaste miles e miles de euros nesta visita...
Agora somentes espero, que si finalmente, fruto das miñas reflexións anteriores, chego á conclusión de que o Benedicto non está aquí por min..., o estado tamén gaste cartos... e traia gratis a Lady Gaga pra que veña polo meu barrio... tamén mercarei patatillas Lays e viño de máis de un euro...





sábado, 9 de octubre de 2010

¡CARMENCITA!

Onte, no Liceo, sí, na casa da ópera, mirando Carmen, a grandiosa e nada fastuosa obra de Bizet, asistín a un exercicio de provocación, nos que Calixto Bieito, o escenógrafo transgresor que está de actualidade, demostrou que hoxe en día con ben pouco en certos ambientes o espectador séntese agredido. Sen embargo noutras situacións por moito que tenten provocar ó espectador/receptor, pois nada. Cada vez o límite é máis difuso. ¿O público da ópera é demasiado sensible ata o punto de escandalizarse por un pito ou o receptor de televisión (por exemplo) é cada vez máis bestia e turbador?
Carallo, que gran reflexión estou a facer... Ou sei que cada vez me escandalizo por menos cousas... ¿Terei que mirar máis tele e deixar de ir á ópera?
Por outra banda... a posta en escena das mellores que vín... pero como espectáculo magno sempre estará na miña memoria o superlativo "FAUSTO" de Teatro de Ningures...
Vou mira-la tele, que vai comenzar La Noria...

viernes, 10 de septiembre de 2010

Vendetta!!!!

Ah... a vinganza... que sentimento tan delicioso, tan palpable e disfrutable. Cando cativo, soñaba con ser un superheroe e vingar as afrentas que os telexornais me contaban namentras xantaba en familia.
Agora xa vello e caduco, as miñas ansias vingativas son cada vez máis mundanas, menos ostentosas e sobre todo máis precisas, cun rostro debuxado na miña mente, como obxetico de sentimento tal...
Sen embargo tamén me pregunto: ¿e a vinganza necesaria? ¿é porse ó nivel ínfimo de humanidade ou de ética exercer tal dereito?
Algún días vexo a resposta claro diante de min, outros difumínase, outros dígome "non... déixao estar (Let it be)".
Chegado o momento saberei como actuar... Mentres me decido, !tremade oh aqueles que cometestes algún desagravio contra min ou os meus, tremade, por que de todas formas a vinganza é un prato que se serve frío!

domingo, 29 de agosto de 2010

!!!!!TURANDOOOOOOOOT!!!!

Esta sobremesa tardía mirando, inmellorablemente acompañado, unha reportaxe sobre a última obra de Puccini na que ó principe de Persia córtanlle a cabeza, por que non soubo adiviñar ningún dos tres enigmas que lle plantexou a fría princesa china Turandot, meditei: semella un prezo moi alto, pero el mesmo sabía que ésta sería a consecuencia á súa pouca sagacidade. Sen embargo cun xesto de valentía, frustración, ou non sei que púlo dentro da súa alma, ou no seu corazón, ou simplemente embriagado aínda da fermosura enfeitizadora da princesa (neste caso vocalmente sí, pero non fermosa precisamente), ás súas derradeiras verbas, emitidas cun berro desesperado son concretamente: !Turandot¡ ¡Turandot!
Onte pola noite ocurriu algo semellante. Tamén, inmellorablemente acompañado e algo embriagado, o culto campesino escocés William Wallace, sendo torturado e a piques de morrer tamén coa cabeza cortada, emitiu outro berro igual de desgarrador e poderoso: !Libertaaaaaaaaaaaaaaaaaaaad!

A que carallo ven todo esto...
Pensaba eu... ¿qué direi no último momento?

sábado, 28 de agosto de 2010

!Lagarto, lagarto!

Non sei realmente como presentar este Blog. Ó principio cando pensei en comenzar un, non estaba moi convencido. Pensaba : ¿e pra qué?. Sigo pensando o mesmo. Pero tamén os agonizantes días de agosto, foron o púlo necesario pra deixarme levar polo literato eunuco que teño dentro. Máis literato que eunuco, iso si.

Pola miña banda tentarei, que se alguén me lee (a miña nai non será, xa que ela non ten nin puta idea destas cousas), polo menos ría un pouco, ou pase un rato agradable. Eu tentarei facer o mesmo á hora de escribilo, xa que esta é a intención: matar o tempo creando. Deste xeito deixarei a un lado, o fino e delicado arte da masturbación como primeira opción nos casos de sopor e tempo morto (gran alivio por outra banda pra o meu antebrazo).


Dende logo non pretendo ser soez (pero o serei nalgunhas ocasión), tampouco facer deste medio un lugar pra a crítica (somente coidado cos seres que me perturban por que seguramente algunha vez se dean por aludidos), e non pretendo rir de min mesmo (polo menos non sempre).

!Ah o meu ego queda agora satisfeito! Polo menos pra as seguintes dúas horas.

Doulle a palmadiña no cú a este bebe saído do meu ventre... sempre quise ser nai. Agora dareille o peito.
!Tremade espíritus perversos! Agora teño o don da palabra escrita.

!Lagarto, lagarto!