domingo, 28 de noviembre de 2010

ERECCIÓNS...

Si, hoxe é o día das eleccións catalanas... Non sei quen gañará, seica o CIU, aínda que como a gran maioría non teño (vergonzosamente o recoñezo) moito interese. Ademais, aínda que xa levo no exilio uns 6 anos, aínda estou empadroado na Galiza (esa terra allea ás cousas e que semella unha parte afastada da península), co cal o meu voto non ten vixencia, nin importancia, nin trascendencia, nesta bendita terra.
Co cal asistirei a estas elección con pouco interese, pero sabedor da importancia que ten para o resto do estado. Cataluña é un país, maltratado en parte por unha imaxe, que certamente non é a máis xusta, eu que habito aquí podo dicilo, pero tamén podo afirmar con rotundidade, que Galiza, semella máis lonxe aqui, que Finlandia ou Suecia. A miña terra galega é unha especia de María Soliña, á que o resto da península condena ó esquecemento, e salva da fogueira polas súas praias e a súa prodixiosa gastronomía. Pero se mexan por nós, temos que dicir que chove, ¿non si?
Todo isto ven a conto, da morte de Fernández del Riego... de ahí a miña reflexión, seria, e pausada, síntome extraño neste domingo de urnas e previo ó partido de fútbol que esconde o ego de dúas nacións.
Eu polo tanto, darei, xa que a miña xuventude ten as horas contadas, máis importancia ás miñas propias ereccións.

Saúde, e a desfrutar do cocido os que podedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario