domingo, 17 de julio de 2011

Son un vampiro...

Non. Non son un vampiro. Aínda que ás veces gustaríame selo. Non por aquelo da inmortalidade. Iso é unha carallada. Máis ben, pola cousa de non ter que ir o dentista.
O outro día quitáronme un dente de siso ("muela del juicio"" jaja), e bueno debo admitir que non doeu. A dentista é unha gran profesional, pero debo admitir o respeto que me dan estas cousas (por non dicir medo). Ese tempo, o redor duns 45 minutos, sentado coa boca aberta a máis non poder, constitúen un gran período de reflexión nestes tempos de premura e estrés.
Hai tres grandes reflexións desa tarde que poden ser realmente importantes.
1. Os dentistas cobran unha pasta sí, pero non me cambiaba por eles. Teñen que ver todo tipo de bocas. Algunhas bocas son realmente noxentas ( non é o meu caso, obviamente), e ter que reparar nelas debe ser un exercicio de verdadeira profesionalidade e control dos impulsos pra non vomitar. Co cal, sí, cobran ben, pero é merecido. E como a ópera. Sí, e cara, pero detrás dunha montaxe hai unha morea de xente importante: coro, operarios, músicos, solitas, director musical, etc., e eles tamén teñen que comer, digo eu.
2. Estiven 45 minutos sen pensar en sexo. E unha boa forma de desconectar dos vicios de cada un. Estar sentado nesa especie de cadeira eléctrica, faite esquecer todo. É unha verdadeira terapia.
3. Nuna pensei que podería ter tantas cousas metidas na boca. Creo que é unha verdadeira revelación. É como darte de conta de que podes facer cousas que antes semellaban imposibles. Houbo un momento na intervención que tiña catro ou cinco aparatos metidos na boca.
Agora espero impacientemente a miña próxima visita, para o sicólogo... digo... dentista.

martes, 12 de julio de 2011

8-X

Unha noites atrás, o 8-X, fumos a un bar chileno. Boa comida e mellor ambiente. Xusto coincidiu que Chile xogaba un partido da copa América contra o Uruguay de Forlán. O bar comenzou a estar cheo de xente. Todos chilenos evidentemente, coas camisetas da súa selección e bandeiras. O ambiente comezou a ser moito máis festeiro, a medida que se achegaba o partido. Comezaron a facer fotos, a cantar frases de ánimo... mesmo nós sacamos unha foto coa bandeira chilena. Non puidemos ver o partido, por mor de que o día seguinte ela traballaba, ela chilena, a culpable de que leve parte do sentimento chileno dentro. Rimos, cantamos, bebimos... e Chile empatou, aínda que pra min iso era o de menos... Un galego, medio paraguaio, en Barcelona cunha sueco-chileno nun bar chileno, nun partido da copa América. Ás veces si que é posible a unión, o entendimento, a comprensión dun sentimento... e non ten que ser necesariamente nunha circunstancia negativa.
http://www.youtube.com/watch?v=GRmre8ggkcY