martes, 24 de julio de 2012

Miudiño...

Escribo hoxe dia 25 de Xullo, festividade do patrono Santiago Apóstolo... Sempre Galiza asociada á relixión, ou ben por exceso ou ben por defecto. Din dos galegos, que somos conformistas, dubidosos nas decisións, que estamos ahí... pero non estamos...
Nada máis lonxe da realidade... O colectivo galego é un ser de acción, tal e como afirmaría Pío Baroja, é un loitador, que a pesares dos inconvintes érguese e loita, pero sempre cun motivo, cunha razón... hai un galego na lúa disque... que ata somos cosmopolitas e corremundos... ás veces por que somos inquietos, outras por que (valga a redundancia) non hai outra...
Os galegos sempre dicimos que somos galegos...
Seica estou bébedo... Ó final somos todos ighuais, cagho na cona... Vou tomar outra licor café e deixarme de caralladas... Viva Galiza, a pesares de Rajoy, Feijoo, Fraga e Paquita "la culona"...
http://www.youtube.com/watch?v=d2-YnEKW7iw

miércoles, 11 de julio de 2012

Mi teshhhhoro...

Onte, pra facer tempo, e acompañado pola miña irmanciña, pasei por unha gran cadea de..., ó carallo, fun ó FNAC. Había unha oferta que non puiden deixar pasar, "The Lord of the rings" (as tres películas) por 11,95€. Un bo precio a verdade. Esto fíxome pensar no atormentado personaxe de Gollum ou Smeagol...
Cando Frodo lle dicía a Gandalf que por que non acababan con el, o mago advertía: "Creo que esta criatura, aínda ten un papel nesta historia...". Os que víchedes a película sabedes que o vello mago tiña moita razón, e o papel de Gollum foi determinante.
A miña mente perturbada relacionou a historia con Rajoy... Cando saiu elexido como presidente do Goberno, eu pensaba ¿que carallo vai facer este? Por que sacar a España da crise obviamente non...
Este pasado domingo comprendín todo: o papel determinante de Mariano, era lóxicamente ir ata Santiago, (cidade santa) pra devolver o Códice Calixtino ó seu lugar... ¿Quen pensaba que as cruzadas remataran?
Que grande Mariano... Eres o Gollum desta historia...

domingo, 1 de julio de 2012

20 anos...

Van 20 anos dos pasamento de José Monge Cruz, máis coñecido como Camarón de la Isla.
Ese día, eu casi nin prestei atención á súa morte... aínda non tiña o gran prazer de coñecer a súa forma de cantar, andaba enleado con Metallica e Guns and Roses. Hai poucas persoas que poden cantar coa alma, que poden expresar como el.
Nun momento no que a música dábame máis penas que alegrías, apareceu esa voz rasgada, fermosa e racial; conseguín atopar novamente a pureza nas notas musicais que xurdían da súa gorxa.
En certo modo salvoume, e fíxome amar novamente algo, que por sorte, forma parte indispensable da miña vida.
Hai 20 anos nin sequera me percatei de que marchaba un xenio, seica por iso hoxe seméllame que marchou outra vez...