viernes, 24 de junio de 2011

Profeta na miña terra...

O 27 de marzo do 2010, repito, do 2010, aproximadamente ás 22,00 da noite, comezabamos Pablo (pianista e amigo) e mais un servidor, un recital de música de cámara e arias de ópera, no Pazo de Mos (a escasos 500 metros de onde viven os meus vellos e pagan os seus impostos a ese concello). A sala prácticamente chea, acolledora, pero cunha acústica un pouco seca. Tamén moi mal aproveitada, por que seica era a primeira vez que en ese escenario se planificaba un evento deste tipo. No programa "Voz e piano en dous xéneros distintos", interpretamos nunha primeira parte pezas de música de cámara de compositores como Mozart, Beethoven ou Schubert entre outros, e na segunda arias de ópera e zarzuela de compositores como Wagner, Verdi ou o o compositor galego Soutullo. Pablo e mais eu quedamos contentos co resultado. A acollida do público foi moi calurosa, especialmente pra min, que actuaba na miña terra, diante dos meus, e incluso por primeira vez o meu vello escoitábame cantar. A xente pediunos un bis, e nos fixémolo. E dende logo foi unha gratísima experiencia pra nós tocar diante de xente que nunca na súa vida escoitara este tipo de música en directo, e que ao final do concerto, "agradeceunos ese bautismo musical".

Agora ben, xa a finais de agosto do 2011, repito 2011, aínda estamos sen recibir o pago polo evento. Primeiro as evasivas da concelleira de Cultura (e Urbanismo), que foi a que nos contratou nese tempo, a señorita Sandra Temes, automaticamente rematado o concerto, xa non respondeu máis o teléfono, nen os mails. Despois da súa dimisión ( poden ler a noticia http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/09/25/sandra-temes-abandona-gobierno-mos-dirigir-empresas-familiares/475836.html), xa directamente dirixímonos o departamento de Tesorería, no que ademais das evasivas, quedou en clara evidencia a pouco educación dalgún dos membros deste departamento. Polo tanto, xa nos quedou dirixirnos directamente á novamente reelixida alcaldesa do concello Nidia Arévalo. Polo menos, con eduación afirmou que o concello non tiña cartos, e que polo de agora non podería pagar. No mesmo programa de eventos dese ano (Vive o camiño en MOS, dentro do programa do Xabobeo) tamén actuou Pereza e mais Manolo Escobar (que finalmente non fixo a súa actuación, por motivos de saúde). Gustaríame saber se eles xa teñen cobrado o seu.
Se chega unha multa ou imposto dun concello, non podes alegar que non tes cartos pra pagarlles. O terrible peso da xustiza caerá sobre ti...
¿Qué facemos nós?
Toda esta burocracia falsa, este abuso de poder, non me quita a razón de polo menos terme sentido profeta na miña terra...

sábado, 18 de junio de 2011

Transformers

Os transformers, ademais da película, son tipos que cambian por diversas razóns, sen embargo os peores son os que cambian co éxito.
No úlitmo libro que lin, titulado JOHN, a primeira esposa de John Lennon, relata os anos nos que se coñeceron, cando ela quedou embarazada, e cando casaron. Todo iso nuns poucos anos nos que o éxito dos Beatles era inmenso. A soedade de Cynthia (a esposa) e a do pequeno Julian, foi brutal. E proporcionalmente o éxito conseguido, John cada vez estaba máis lonxe da súa familia, ata que de regreso dunha viaxe Cynthia atopou a John e a súa amanta, Yoko Ono, espidos na súa casa. Agora incluso a música dos Beatles con outro espíritu.
A xente cambia, e esquece demasiado pronto. Coñezo varios casos. Desaparecen, non saúdan, e semellan mortos que algunha vez pasaron polas nosas vidas.
Tiña que escribilo, que carallo...
Espero non ser nunca un transformer...
As outras persoas, as opostas, non sabería como chamalas, pero son as de amor incondicional, entrega, a afecto verdadeiro. Destas non coñezo tantas, pero si as suficientes.
Amén.
http://www.youtube.com/watch?v=UAlrFJbGdgw