domingo, 28 de noviembre de 2010

ERECCIÓNS...

Si, hoxe é o día das eleccións catalanas... Non sei quen gañará, seica o CIU, aínda que como a gran maioría non teño (vergonzosamente o recoñezo) moito interese. Ademais, aínda que xa levo no exilio uns 6 anos, aínda estou empadroado na Galiza (esa terra allea ás cousas e que semella unha parte afastada da península), co cal o meu voto non ten vixencia, nin importancia, nin trascendencia, nesta bendita terra.
Co cal asistirei a estas elección con pouco interese, pero sabedor da importancia que ten para o resto do estado. Cataluña é un país, maltratado en parte por unha imaxe, que certamente non é a máis xusta, eu que habito aquí podo dicilo, pero tamén podo afirmar con rotundidade, que Galiza, semella máis lonxe aqui, que Finlandia ou Suecia. A miña terra galega é unha especia de María Soliña, á que o resto da península condena ó esquecemento, e salva da fogueira polas súas praias e a súa prodixiosa gastronomía. Pero se mexan por nós, temos que dicir que chove, ¿non si?
Todo isto ven a conto, da morte de Fernández del Riego... de ahí a miña reflexión, seria, e pausada, síntome extraño neste domingo de urnas e previo ó partido de fútbol que esconde o ego de dúas nacións.
Eu polo tanto, darei, xa que a miña xuventude ten as horas contadas, máis importancia ás miñas propias ereccións.

Saúde, e a desfrutar do cocido os que podedes.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Los mundos de Yupi...

Hoxe, certa persoa, fíxome mención, personalizada e con mala fe, a aquela serie "Los mundos de Yupi", en referencia á miña vida, desprendida e bohemia. Sempre que alguen tenta atacar ós outros nese senso, sempre fai referencia a esta serie, sinónimo de ir ó teu, despreocupación, e un difuso obxectivo vital. Bueno, pode ser...
Pero o que non sabe a xente que utiliza esta expresión, e que o tal Yupi, tivo que facerse un lugar nunha sociedade en principio hostil ós seres doutro planeta, tivo que tentar de ser agradable, caer ben á xente, intentar pasar desapercibido, pra que a Nasa non viñera na súa busca e o cortase en pedaciños pra examinalo, e finalmente darse de conta, de que soamente era un boneco..., e sobre todo tivo que adaptarse ó terrible final dos anos 80..., e aínda máis terrible, tentar sustituir ó meu querido Espinete...
Polo tanto, non sei si tomarme esa expresión como un púlo, unha forma de apoio, un sinónimo de loita, unha especie de guerrilleiro da sociedade que tenta sobrevivir polos seus medios...
Se cadra non... seguramente foi un ataque directo, ás notas musicais que saen da miña gorxa, e que por sorte algúns nunca entenderán.
!Heil Espinete!