domingo, 27 de marzo de 2011

Copuchentos...

Seica "copuchento" quere dicir en Chile (segundo as miñas fontes, moi fiables), algo semellante a "cotilla". Digamos unha persona interesada na vida dos demais, que lle gusta saber todo, que quere estar ó tanto de todo o que lle acontece ás persoas que coñece, xa sexa de forma persoal, como de oídas. Isto non é unha definición de ningún diccionario, simplemente estou un pouco inspirado despois do lacón con grelos que zampei o mediodía (inmellorablemente acompañado)...
Ó que ía... Esta semana nun dos meus paseos obrigados pola cidade condal, pasei por diante dun quiosco de revistas e periódicos. Pois mirando unha desas portadas, entre o Cosmolitan e o Cuore, había unha espacializada en historia, adicada na súa portada a Velázquez... non lembro exactamente o nome da publicación, pero o seu reclamo era "Velázquez: los detalles de su vida íntima"... De seguida pensei que o noso grado de cotilleo rebasara os límites de telecinco pra invadir a tódolos personaxes históricos da humanidade... e sentínme escandalizado. Mais pouco a pouco a miña reflexión virou, e pensei que non estaba de todo mal a idea. Se cadra polo menos aínda que a xente soubese a vida íntima de Velázquez polo menos sabería quen foi, aínda que non chegase a coñecer a totalidade da súa obra, pero menos dá unha pedra... Así podería haber programas de cotilleos históricos "Os líos amorosos de Alexandre magno", "A relación de Edipo coa súa nai", "A perversión de Schumann ó casar cunha menor", etc...
Deste xeito perderían importancia outros personaxes, que nada teñen que aportar as nosas vidas...
O de ser copuchento non podemos evitalo, así que...

sábado, 12 de marzo de 2011

VOLANDO VOY...

Recurro ó coñecido estribillo da canción composta por Kiko Veneno, e popularizada por un dos meus grandes referentes no arte, Camarón de la isla, pra darlle título á miña nova parrafada.
Sabado chuvioso na Galiza... chamádeme tolo, pero botaba de menos isto... ese aroma a chuvia, a herba mollada, o aire puro, que tanto escasea na gran cidade.
Pois ben, viaxando pra terra este xoves, fixeime ben nun feito, que por desgraza xa é habitual, e que se algún dos tres ou catro lectores que ten este blog, pode resolver, prégolles con fervor, dígnense a facelo.
Na compañía de baixo coste VUELING, sempre que despegamos de barcelona, todas as indicación son debidamente explicadas en castelán, inglés e en catalán... algo que obviamente paréceme perfecto. Sen embargo... na aterrizaxe, as consignas soamente son en castelán e en inglés... nunca en galego... Cousa que por outra banda paréceme un tanto irrespetuoso... O caso é que á volta, cando despego de Vigo, volve a suceder o mesmo: "la mascarilla se encuentra debajo de sus asientos bla bla bla..." en castelán e en inglés, nunca en galego... ¿Qué sucede ó aterrizar en Barcelona? Pois si, a sobrecargo, ofrece ós pasaxeiros unha calurosa benvida en castelán, en inglés, e en catalán... Non teño nin moito menos nada que reprochar a eses idiomas... respetables todos... menos, sa cadra, e como era en tempos pasados, menos co galego...
¿Qué carallo? Non son un virtuoso do galego... pero sí defensor e polo menos que a entidade linguística que representa á nosa terra sexa respetada.
Unhas das grandes virtudes do noso idioma, e o valioso refraneiro que posúe: "mexan por nós, e temos que dicir que chove".

E pra pechar, un xenio:
http://www.youtube.com/watch?v=o0-ED4e-r-U

domingo, 6 de marzo de 2011

Clavecín ben temperado...

Hoxe, esta mañá, ademais de espertar cunha actividade sexual frenética, tamén tiven unha imperiosa necesidade de escoitar a Bach, o compositor máis perfecto da historia da música se cadra, e non por ser perfecto deixa de ter alma, un alma inmensa, que aínda fai máis perfecta a súa música. O clavecín ben temperado é unha obra inmensa, feita con humildade, son sentimento, meticulosidade, e como desafío ás leis da música, que unha e outra vez Johann Sebastian superaba...
Neste mundo tan imperfecto, tan putrefacto, tan desorientado... faría falta que todos escoitasemos a Bach nada máis abrir os ollos... e desfrutar da paz, e desfrutar dun aparente desorden que está pensando en cada fusa, en cada semifusa, en cada silencio... quizáis recuperasemos un pouco de alma... de paz...
E deixariamos de pelearnos, de odiarnos, de loitar por causas alleas ó noso espíritu...
Sei que semella todo negativo, pero non... todo o contrario... mentras poida seguir escoitando a Johann Sebastian, sei que aínda queda un pouquiño de esperanza...

http://www.youtube.com/watch?v=5wmZDQ8XRDI