miércoles, 29 de diciembre de 2010

Nadal...

Prefiro a Rafa Nadal que o nadal... si, xa sei, é un xogo de palabras demasiado sinxelo, pero que analizado pecha en si mesmo unha filosofía meditada, reflexionada e asumida. Prefiro a forza, o caracter, o afán de superación que ten ese rapaz en cada torneo, en cada partido, e en cada golpe que lle dá á bola. Prefiro ese nadal, que o que representan estas datas. Obviamente sempre hai cousas que valen a pena estas dúas semanas, pero é demasiado efímero, e ó único que ó final quedan son máis débedas. Non como Rafa Nadal, que vai dunha punta do mundo á outra a gañar e desfrutar, sen pensar no día que é, na hora que é, no país no que está. Seguramente ás veces non saberá que día da semana está a xogar contra Federer, pero sabe cales son as súas premisas e con elas vai ata o final. Ten ben claro o que quere. E traballa pra conseguilo.
De ahí o do que o chiste fácil, ten máis aquel que o que semella nun principio.
Nestes días de soedade, teño tempo pra pensar, ha de ser o ron...
Seica que remata o ano... eu ando como Nadal... non sei en que día vivo.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Mi madriña...

O martes pasado fun a un concerto. Unha artista tamil chamada M.I.A que eu descoñecía previamente, pero por circunstancias chegou ás miñas orellas. Teño que recoñecer que gustoume moito, si. Penso que sería unha sorte que a música do século XXI siga ese camiño. Música sinxela, pero comprometida. A voz da rapaza non é pra quedar abraiado pero a súa personalidade escénica si.
A mesma noite, na mesma cidade, Lady Gaga cambiaba de vestido máis de 15 veces. Mi madriña pensei cando mo contaron... Son un gran defensor de Lady Gaga sobre todo despois do vídeo de Telephone, pero quizáis é excesivo tanto cambio de vestiario. Bueno, e parte do show, digo eu (eu non cambio tanto nin en seis meses, sen embargo non cheiro mal, teño esa sorte).
Quizáis o mellor sería que existese Lady M.I.A e todos en paz.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Ñam ñam...

Nun mesmo día, viaxando no metro, puiden asistir a dous xantares. Non eran comidas de empresa, nin nada semellante. Senón que dúas persoas, tranquilamente sacaron o tupperware, e comezaron a devorar ás súas sendas comidas, a diferentes horas e diferentes liñas de metro. Un home saboreaba unha ensalada de pasta (non sei se o aliño estaba xa incluído) e unha muller devoraba os macarróns á boloñesa (son así de preciso, tanto polo vermello dos macarróns e o cheiro a boloñesa que rapidamente invadíu o vagón, un cheiro bastante agradable por outra banda, moito máis agradable que outras fragancias corporais que soen cohabitar nas miñas viaxes subterráneas).
A miña reflexión é sórdida: ou ben estas persoas levan a cabo este ritual pra non comer solas, ou ben non teñen nin tempo pra comer nun bar, nun fast food, ou simplemente un bocata nun banco...
Calquera das dúas é igual temerosa...
A xenté é o que come, din... E tamén do que se come se cría... Neste caso: de onde se come, un vive... Ou algo así..
Por sorte aínda non cheguei nunca a eses extremos: prefiro comer solo, ou chegar tarde.