domingo, 30 de septiembre de 2012

Roda, roda...

Ando enleado últimamente na música popular galega, e nos Tamara, e músicas nosas... que ás veces esquecemos e que non lle damos a importancia que merece. Hai pouco nos deixous Fito, o cantante de "A RODA", unha referencia ben importante na nosa música. Noutra terra, un referente tería moito máis recoñecemento. Dáme un pouco de magoa isto...
Bueno, polo menos o Concello de Vigo, prepara unha homenaxe o día 13 de outubro.
Eu tomarei este día pra seguir escoitando música da nosa, que confeso, tiña ben abandonada. Pero nunca é tarde meu...
http://www.youtube.com/watch?v=usJei1Ftg-s&feature=related

martes, 11 de septiembre de 2012

Identidade...

Hoxe é a diada. O día da patria Catalana. ¿Quen non o sabe? Nos medios do estado e cataláns xa nos levan informando hai días deste feito, e este ano sobre todo, da manifestación pro-independencia.
Non me entendades mal, non reprocho a mensaxe nen moito menos.
Aparte todo mensaxe dende o respeto, e sen odio, debe ser escoitado. Tanto dun "bando", como doutro, algo que ás veces e por parte dalgúns non é sempre así.
Eu falo dende a miña posición de galego; sempre que se fala das entidades nacionais dentro do estado español Catalunya e Euskal Herria son os lembrados. Os galegos quedamos doutra banda, apartados.
¿Que queda do antigo reino galego-portugués? ¿Que pasa coa nosa lingua? ¿Co incríble legado cultural que nos deixaron Otero Pedrayo, Castelao, Cunqueiro...?
¿Por que a nosa identidade é como unha mascotiña, como a terra do marisco e das praias, a terra deses simpáticos galegos? ¿Que carallo nos pasa?
Seica nos medios, no politiqueo, non somos demasiado incómodos, e somos pouco importantes... Aínda lembro o rebumbio que se montou no barrio de Teis de Vigo, cando quixeron colocar ahí a ditosa empacadora; no fondo somos bravús, e levamos o sentimento galego dentro, sen necesidade de reinvindicalo. Seica ese pode ser unha das nosas taras... ó peso que levamos no camiño.
Fáltanos un pouco de catalanidade.
A todo esto, feliz Diada a Catalunya.