Hai uns días conversaba co meu amigo JJ sobre a tremendísima evolución nos medios e nos equipos audivisuais. As novas cámaras de vídeos, os equipos de grabación, a progresiva revolución informática..., e dicir, as tremendas facilidades que pode ter alguén que quere facer un corto ou unha película. Sen embargo tamén afirmaba que o único que faltaba pra facer boas películas, cortos, etc... eran boas ideas: talento...
Apliquei eu o mesmo concepto, pero na música. Cada vez hai máis tecnoloxía, máis instrumentos, máis ordenadores, máis DJ´s que "inventan" cousas novas, sen embargo, a música polo xeral ten menos calidade.
Onte puiden volver a sentir a pureza da música, por sorte pra min. Na sala Salamandra volvín a sentir música con maiúsculas. Dous grupo que descoñecía: DGM e Pagan´s mind deron un recital de verdade na música. Pouco escoitara deles, pero dende logo demostraron profesionalidade e paixón, e unha música en directo e sen artificios, que esconde en coreografías absurdas e parrafadas inútiles as carencias musicais noutros "artistas".
Despois tocaron os mestres do metal progresivo: SYMPHONY X. Apoteósico. Brutal. E sobre todo: Verdadeiro. Música en directo de verdade. Uns músicos virtuosos que por gracia do destino coincidiron nunha mesma banda e sobre todo unha voz brutal, perfectamente afinada e sobre todo con potencia (chegados a este punto non quero poñer como antónimo a xente como Shakira, Enrique Iglesias, Black eyed peas, e un larguísimo etcétera)...
Aínda conservo esperanza pra atopar a verdade na música...
No hay comentarios:
Publicar un comentario