"E chega outro ano... e pasa tamén..." como di o himno non oficial do celta... Seguiremos nas noites de pedra...
Parabéns pra os que merecen...
Nalgún sitio quería dicir as cousas, e a ver se alguén o entende. Deste xeito deixarei de falar solo.
sábado, 31 de diciembre de 2011
sábado, 3 de diciembre de 2011
Top model
Últimamente síntome un top model... Non o digo pola miña planta... recoñezo que a miña estatura non é un dos meus fortes, pero bueno... Tampouco pola miña mirada felina, xa que cada vez ando máis miope. Tampouco polo meu sorriso... dende a derradeira vez que fun ó dentista, procuro non abrir moito a boca, non vaia ser que lle ocorra algo... Tampouco o digo pola miña asistencia a eventos, ou por ser amigo de Donatella Versace, ou polos meus viaxes ó redor do mundo (como moito vou a Bellvitge). E moito menos pola miña dieta... eso xa é outra historia...
Simplemente afirmo que me sinto como un top model por que seica hai fotos miñas por todo o mundo...
Vivir preto de Sagrada Familia e ter que coller o metro, é exporse directamente a saír nas fotos que os meus queridos turistas sacan sen parar ó inacabable monumento de Gaudí. Ó principio tentaba esperar a que sacasen a foto... pero ás veces a interminable espera era demasiado desesperante... Despois houbo una época no que ó saír nas fotos facía algún xesto coa man ou tentaba poñer algunha cara estúpida... pero acabáronseme os recursos... Polo cal, ó final decidín saír nas fotos coas miñas mellores galas, e dignamente... Probablemente estarei retratado en fotos de xente do Xapón, Alemaña, Francia, Italia, etc... eso é unha tremenda responsabilidade...
De todas formas sigo a pensar, ¿por que carallo non compran unha postal que sae todo máis bonitiño?

sábado, 5 de noviembre de 2011
Ser humano ou non selo...
Esta mañá, falaba eu co compañeiro e amigo Pablo, sobre as críticas que fai a xente.
Cando algunha xente non ten nada malo que dicir... tampouco di nada bó, entón, cala. É dicir algunhas persoas se non te din nada, é que a cousa está ben feita, senón, xa se encargarán de recordarche os erros que comeste...
Cousas do ser humano, que ás veces, e contradictorio, por non dicir outra cousa.
Bueno, ahí seguimos pra adiante... Por outra banda, Cataluña semella á terra con esto da choiva. Amén.
http://www.youtube.com/watch?v=IaymN2mkaC0

domingo, 23 de octubre de 2011
Eu, pedante.
Lía eu un comentario, ou crítica según se mire, que apuntaba con respecto á obra dun gran amigo meu: "me recuerda a un corto de Trueba..., no está mal ". Vaia comentario máis pobre.
O caso é, que sei de primeira man, que a obra en sí, nada ten que ver con Trueba (gran director por certo), ou quizáis si, iso é o de menos. Pero é a reacción ante unha obra a que me perturba. Certas persoas non poden simplemente calificar, sempre dan un apunte pedante, sobrante, ou que simplemente non interesa ós demais.
Obviamente a orixinalidade hoxe en día e moi dificil de atopar, pero non é esa unha característica negativa. Os pedantes creen que non ser orixinal é un defecto, e non é mais que unha cualidade, a acumulación de coñecementos previos é a verdadeira orixinalidade, as persoas somos as orixinales, non as súas obras. Si recorda a Trueba, pois que recorde, e non hai outra... Wagner non é orixinal, ten moito de Schonpenahuer, Beethoven e Liszt entre outros, e sen embargo dise de el que a súa música, e a súa obra literaria, son únicas...
Vaites... seica acabo de ser un chisco pedante...
Qué carallo...

jueves, 13 de octubre de 2011
A verdade na música
Hai uns días conversaba co meu amigo JJ sobre a tremendísima evolución nos medios e nos equipos audivisuais. As novas cámaras de vídeos, os equipos de grabación, a progresiva revolución informática..., e dicir, as tremendas facilidades que pode ter alguén que quere facer un corto ou unha película. Sen embargo tamén afirmaba que o único que faltaba pra facer boas películas, cortos, etc... eran boas ideas: talento...
Apliquei eu o mesmo concepto, pero na música. Cada vez hai máis tecnoloxía, máis instrumentos, máis ordenadores, máis DJ´s que "inventan" cousas novas, sen embargo, a música polo xeral ten menos calidade.
Onte puiden volver a sentir a pureza da música, por sorte pra min. Na sala Salamandra volvín a sentir música con maiúsculas. Dous grupo que descoñecía: DGM e Pagan´s mind deron un recital de verdade na música. Pouco escoitara deles, pero dende logo demostraron profesionalidade e paixón, e unha música en directo e sen artificios, que esconde en coreografías absurdas e parrafadas inútiles as carencias musicais noutros "artistas".
Despois tocaron os mestres do metal progresivo: SYMPHONY X. Apoteósico. Brutal. E sobre todo: Verdadeiro. Música en directo de verdade. Uns músicos virtuosos que por gracia do destino coincidiron nunha mesma banda e sobre todo unha voz brutal, perfectamente afinada e sobre todo con potencia (chegados a este punto non quero poñer como antónimo a xente como Shakira, Enrique Iglesias, Black eyed peas, e un larguísimo etcétera)...
Aínda conservo esperanza pra atopar a verdade na música...

domingo, 18 de septiembre de 2011
Verbal
Ás veces gústame ver películas na soedade... e disfruto plenamente do séptimo arte. O silenzo. A pantalla, eu, e algo de beber. Mais nada.
Pero outra veces é necesario compartir esos intres máxicos... desfrutalos pero coa persoa precisa.
Iso pasoume con Verbal Kint (seica se escribe así), é dicir Kevin Spacey en "Sospeitosos habituais". Xa mirara esa obra mestra hai anos. Pero esta vez foi diferente...
Estabas ti.
E agora se falo de Verbal, ou do seu alter ego Kaiser Soze, saberei que ti tamén o sabes...

martes, 23 de agosto de 2011
PAPA ROCKS
O verán pasa. Segue a transcurrir a vida. Os derradeiros acontecementos sorprendéronme. A visita do representante de Cristo na terra, á capital do estado foi realmente abrumadora. Podes estar ou non de acordo con os mandatos, suxerencias ou imposicións da igrexa católica, pero é innegable o seu poder de convocatoria, e de delirio semimístico que produce nalgunhas persoas. Pra min, que non son, nin fun, ni serei, mitómano, resulta chamativo ese fervor. Incluso admirable comprombar como milleiros de persoas conservan intacta unha cualidade do ser humano que semella en crisis, pra non faltar a costume. Refírome á FE.
É positivo comprobar que hai moitas persoas con fe. Reconfórtame. Non estou a favor do tal Benedicto nin o que representa, e a crisis relixiosa na que vivo sumido xa hai demasiados anos tampouco axuda. Simplemente o concepto: a FE. Xa sexa en Cristo, en Benedicto, nun equipo de fútbol, nun ideal, nunha persoa...
Pensei en refutar, atacar, desmontar, toda parafernalia da visita do xefe de estado do Vaticano, pero iso sería demasiado sinxelo, incluso cruel, por que eles mesmos o fan. Co cal, preferín darlle a volta... Noraboa a todos os que aínda temos Fe (non relixiosa, senón de calqueira tipo).
O que está claro é que o home que viaxa polo mundo en sotana ten bastantes adeptos. PAPA IN TOUR!!! Amén!!!
http://www.youtube.com/watch?v=GROhJX5h99Q

Suscribirse a:
Entradas (Atom)