lunes, 17 de junio de 2013

Entiví

Aínda non entendo a manía da cadea de televisión MTV, de censurar, en certos programas que emiten, os cigarros na man da xente que está a fumar... ¿Por qué carallo non censuran algunhas cancións como "Pajaritos en el aire"?
O das palabrotas, sexo, etc, dáme igual...
Mi madriña...

lunes, 20 de mayo de 2013

Idealizando...

Os galegos ó estar lonxe da terra, tendemos a idealizar as cousas... Pensamos que a nosa terra é única (que o é), que como na terra non se come (éche así), que todos os galegos somos amigos..., iso xa non é así. Aquí en BCN, atopei galegos moi boa xente, e tamén atopei galegos que non merecen a pena.
A tendencia a idealizar dende lonxe, é típica de nós... bueno dalgúns. Por sorte ou desgraza, debido a algúns elementos tende a desaparecer, polo menos en min.
Xente que non merece a pena, haina en todas partes; pero bueno, o churrasco é o churrasco.

domingo, 28 de abril de 2013

Fogar de Breogán

Leva un par de días a chover aquí no exilio... Esto sería normal na miña terra, non chamaría a atención, por iso cando aquí pasa isto é todo un acontecemento... e por suposto é inevitable pensar na familia.
Lembro eses días nos que espertas e escoitas a chovia sempre presente nos critais das fiestras... eses domingos de cocido, que xa comeza a cheirar ás 10 da mañá... de tardes de fútbol, de café e chupito. Sempre hai tempo pra volver á nosa terriña, pero por sorte sempre está no corazón.
Din que os galegos somos morriñentos; é único tópico no que levan razón.
Non coñezo aínda galego que renegase da súa terra... Por sorte.
E "..os imbéciles e escuros, non nos entenden, non...".

jueves, 11 de abril de 2013

Profunda reflexión...

Nestes tempos de escraches (¿escríbese así?), fistin, spakins... e outras manifestacións do ser humano, é de recibo venerar a personalidades descoñecidas, pero cunha relevante importancia na historia do noso tempo.
Refírome ó creador dos HUESITOS, ó creador da PANTERA ROSA e ó creador do DRÁCULA.
¡Loados momentos de pracer nos que o tempo semella deterse ó estar inmerso no deleitoso doce mundo das guarradas!
Momentos que valen a pena, máis se estás ben acompañado.

viernes, 29 de marzo de 2013

Heroes...

Ás veces, nesta loita que supoñe, poder vivir do arte, da música, da actuación, dos pequenos proxectos, xurden figuras heroicas, que partindo das súas ideas fanse escoitar.
O máis sinxelo é queixarse dicir que todo é unha merda, e seguramente abandonar...
Pero outros loitan, quéixanse, berran, e aínda así, siguen adiante coas súas ideas. Cuns proxectos, que ó comezo, son se máis ilusións que outra cousa, pero que despois son unha realidade.
Parabéns Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, polos premios María Casares (millor actriz, millor texto orixinal). Coñecéndovos sei que preferides 100 bolos que o premio, pero que carallo!!
Ás veces os heroes non te salvan, pero si que te fan querer seguir adiante.

domingo, 17 de marzo de 2013

Ben-Hur

Onte mirabamos Ben-Hur, unha das mellores películas da historia do cine, e xunto a ti, pasamos as máis de tres horas como nun suspiro... Bueno, ó conto.
Dicíache eu, que esta película hoxe en día no tería moito éxito. Primeiro xa pola overtura musical de 6 minutos, cunha imaxe fixa. Despois os diálogos longos, a acción condensada, a metraxe do film, a mensaxe da fe... nestes tempos non serían moi loados e seguidos.
Por outra banda, ó final ATENCIÓN SPOILERRRRRR, a muller e a irmá da Judá, cúranse milagrosamente do terrible mal daqueles tempos que era a lepra. Todo pola súa fe, un milagro...
O espectador medio diría que non ten sentido, que é un final "chorra"....
Sen embargo aceptamos a Thor voando, a Quasimodo que remata casado con Esmeralda, a vampiros poetas e adolescentes... pero cando  é a fe (ollo non digo o cristianismo), somos máis escépticos...
Cousas da vida.
Únicamente espero que Hollywood, non faga un remake de Ben-Hur, seguramente sería unha historia sobre o nacemento da ciencioloxía.
Amén!

domingo, 24 de febrero de 2013

Confesións...

Teño que confesalo dunha vez... Non soporto a Sorayita, a Mariano, a Alfredo, a Ana Mato, a de emprego (xa nin me acordo do nome...), a Más, a Pepe, a Shakira, a One Direction... e un longo ectcétera, pero sobre todos a Martina Klein, e a razón é que non sei por que non a soporto.
Necesitaba escribilo.
Síntome millor... agora irei a ver "O gran dictador"...