Nun mesmo día, viaxando no metro, puiden asistir a dous xantares. Non eran comidas de empresa, nin nada semellante. Senón que dúas persoas, tranquilamente sacaron o tupperware, e comezaron a devorar ás súas sendas comidas, a diferentes horas e diferentes liñas de metro. Un home saboreaba unha ensalada de pasta (non sei se o aliño estaba xa incluído) e unha muller devoraba os macarróns á boloñesa (son así de preciso, tanto polo vermello dos macarróns e o cheiro a boloñesa que rapidamente invadíu o vagón, un cheiro bastante agradable por outra banda, moito máis agradable que outras fragancias corporais que soen cohabitar nas miñas viaxes subterráneas).
A miña reflexión é sórdida: ou ben estas persoas levan a cabo este ritual pra non comer solas, ou ben non teñen nin tempo pra comer nun bar, nun fast food, ou simplemente un bocata nun banco...
Calquera das dúas é igual temerosa...
A xenté é o que come, din... E tamén do que se come se cría... Neste caso: de onde se come, un vive... Ou algo así..
Por sorte aínda non cheguei nunca a eses extremos: prefiro comer solo, ou chegar tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario