O 27 de marzo do 2010, repito, do 2010, aproximadamente ás 22,00 da noite, comezabamos Pablo (pianista e amigo) e mais un servidor, un recital de música de cámara e arias de ópera, no Pazo de Mos (a escasos 500 metros de onde viven os meus vellos e pagan os seus impostos a ese concello). A sala prácticamente chea, acolledora, pero cunha acústica un pouco seca. Tamén moi mal aproveitada, por que seica era a primeira vez que en ese escenario se planificaba un evento deste tipo. No programa "Voz e piano en dous xéneros distintos", interpretamos nunha primeira parte pezas de música de cámara de compositores como Mozart, Beethoven ou Schubert entre outros, e na segunda arias de ópera e zarzuela de compositores como Wagner, Verdi ou o o compositor galego Soutullo. Pablo e mais eu quedamos contentos co resultado. A acollida do público foi moi calurosa, especialmente pra min, que actuaba na miña terra, diante dos meus, e incluso por primeira vez o meu vello escoitábame cantar. A xente pediunos un bis, e nos fixémolo. E dende logo foi unha gratísima experiencia pra nós tocar diante de xente que nunca na súa vida escoitara este tipo de música en directo, e que ao final do concerto, "agradeceunos ese bautismo musical".
Agora ben, xa a finais de agosto do 2011, repito 2011, aínda estamos sen recibir o pago polo evento. Primeiro as evasivas da concelleira de Cultura (e Urbanismo), que foi a que nos contratou nese tempo, a señorita Sandra Temes, automaticamente rematado o concerto, xa non respondeu máis o teléfono, nen os mails. Despois da súa dimisión ( poden ler a noticia http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/09/25/sandra-temes-abandona-gobierno-mos-dirigir-empresas-familiares/475836.html), xa directamente dirixímonos o departamento de Tesorería, no que ademais das evasivas, quedou en clara evidencia a pouco educación dalgún dos membros deste departamento. Polo tanto, xa nos quedou dirixirnos directamente á novamente reelixida alcaldesa do concello Nidia Arévalo. Polo menos, con eduación afirmou que o concello non tiña cartos, e que polo de agora non podería pagar. No mesmo programa de eventos dese ano (Vive o camiño en MOS, dentro do programa do Xabobeo) tamén actuou Pereza e mais Manolo Escobar (que finalmente non fixo a súa actuación, por motivos de saúde). Gustaríame saber se eles xa teñen cobrado o seu.
Se chega unha multa ou imposto dun concello, non podes alegar que non tes cartos pra pagarlles. O terrible peso da xustiza caerá sobre ti...
¿Qué facemos nós?
Toda esta burocracia falsa, este abuso de poder, non me quita a razón de polo menos terme sentido profeta na miña terra...
No hay comentarios:
Publicar un comentario