lunes, 11 de febrero de 2013

Gironizame

Este fin de semana andiven eu de paseo por Girona, na millor compañía...
Aparte de que a cidade estaba chea de esteladas e bandeiras catalanas (aínda máis visibles que en Barcelona), chamoume a atención a amabilidade da xente.
Preguntabas como ir a un lugar, e a xente se paraba, explicávache, indicaba, e non comenzaba camiñar ata que miraba pola túa expresión que entenderas todo perfectamente.
Despois ías a un bar, ou a un restaurante, e che atendían con especial dedicación, amabilidade e fluidez...
E destas ocasións que deixas propina con pracer. Ata o homiño da estación de tren era simpático...
Non sei si será que Barcelona xa está un pouco perdida, e co gaio dos turistas (que ás veces son ben pesados), atopan a excusa perfecta pra non comportarse así (na maioría dos casos, non sempre obviamente)....
Ou quizáis é o caso contrario, que Girona é un reducto de amabilidade harmónica...
Vai ti a saber...

No hay comentarios:

Publicar un comentario