domingo, 22 de mayo de 2011

Ecce homo

Xa levo uns anos, pode ser que un pouco antes de chegares á cidade dos eramus, á coñecida Barcelona, que levo cavilando na miña posición política... O único que teño claro é que hai que tomar partido, xa que a indiferencia provoca unha ausencia de sinrazón no ser humano que non é positiva, nin sana. O pior de todo, e cando este falta de decisión ben marcada por unha falta de ofertas interesantes que apoiar. A miña última reflexión desembocara nunha autocracia de meu... Nunha defensa dos meus, nunha defensa heróica, se cadra esaxerada, da pouca xente que realmente me importa. Esta autocracia ven pode ser chamada egoísmo, que non egocentrismo, ou estar preto desa indiferencia política na que tanto temo caer. Esa frase de : "Eu de política paso, dáme igual...", é unha sentencia que tantas veces teño escoitado, e que tantas veces xurei non dicir nunca... Pero éche así.
Doutra banda, o ser humano é egoísta, e dende logo os ciclos polos que nos movemos no nosa vida dan lugar a sacar ás veces o pior de nós mesmos. Seica temos o que merecemos... Seica podemos cambialo... Seica a autocracia é o camiño pra a liberación de todos nós. A preocupación por reflexionar e ter claro o que queremos e un comezo, a consecución duns valores plenos e nobres, é importante se o pobo quere constituir os cimentos dunha estructura sólida.
Aínda non teño clara a postura. Dende logo que o alzamento popular, a indignación dalgunhas persoas, faime atisbar unha pouca de esperanza... Pero aínda non son quen de pechar os ollos e percorrer un camiño do que aínda non podo ollar a paisaxe. Pra iso xa collo o metro tódolos días pra ir traballar.
Gustaríame ver a paisaxe, aínda que sexa un deserto, ou un polígono industrial, ou algo similar a pasar pola ponte de Rande...
Agora que estamos na caverna, e preciso ver a luz. Namentras seguirei dándolle ós miolos... pra ver se logro quitarme esta néboa de altamar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario