Recurro ó coñecido estribillo da canción composta por Kiko Veneno, e popularizada por un dos meus grandes referentes no arte, Camarón de la isla, pra darlle título á miña nova parrafada.
Sabado chuvioso na Galiza... chamádeme tolo, pero botaba de menos isto... ese aroma a chuvia, a herba mollada, o aire puro, que tanto escasea na gran cidade.
Pois ben, viaxando pra terra este xoves, fixeime ben nun feito, que por desgraza xa é habitual, e que se algún dos tres ou catro lectores que ten este blog, pode resolver, prégolles con fervor, dígnense a facelo.
Na compañía de baixo coste VUELING, sempre que despegamos de barcelona, todas as indicación son debidamente explicadas en castelán, inglés e en catalán... algo que obviamente paréceme perfecto. Sen embargo... na aterrizaxe, as consignas soamente son en castelán e en inglés... nunca en galego... Cousa que por outra banda paréceme un tanto irrespetuoso... O caso é que á volta, cando despego de Vigo, volve a suceder o mesmo: "la mascarilla se encuentra debajo de sus asientos bla bla bla..." en castelán e en inglés, nunca en galego... ¿Qué sucede ó aterrizar en Barcelona? Pois si, a sobrecargo, ofrece ós pasaxeiros unha calurosa benvida en castelán, en inglés, e en catalán... Non teño nin moito menos nada que reprochar a eses idiomas... respetables todos... menos, sa cadra, e como era en tempos pasados, menos co galego...
¿Qué carallo? Non son un virtuoso do galego... pero sí defensor e polo menos que a entidade linguística que representa á nosa terra sexa respetada.
Unhas das grandes virtudes do noso idioma, e o valioso refraneiro que posúe: "mexan por nós, e temos que dicir que chove".
E pra pechar, un xenio:
http://www.youtube.com/watch?v=o0-ED4e-r-U
E que como son compañías de baixo coste hai que aforrar en todo...e total o galego..
ResponderEliminarNos xa temos ido nalgún vo de baixo custo no que directamente só falaban en inglés. Dentro da península!
Unha vergonza, dende logo.
bicos mil