Seica "copuchento" quere dicir en Chile (segundo as miñas fontes, moi fiables), algo semellante a "cotilla". Digamos unha persona interesada na vida dos demais, que lle gusta saber todo, que quere estar ó tanto de todo o que lle acontece ás persoas que coñece, xa sexa de forma persoal, como de oídas. Isto non é unha definición de ningún diccionario, simplemente estou un pouco inspirado despois do lacón con grelos que zampei o mediodía (inmellorablemente acompañado)...
Ó que ía... Esta semana nun dos meus paseos obrigados pola cidade condal, pasei por diante dun quiosco de revistas e periódicos. Pois mirando unha desas portadas, entre o Cosmolitan e o Cuore, había unha espacializada en historia, adicada na súa portada a Velázquez... non lembro exactamente o nome da publicación, pero o seu reclamo era "Velázquez: los detalles de su vida íntima"... De seguida pensei que o noso grado de cotilleo rebasara os límites de telecinco pra invadir a tódolos personaxes históricos da humanidade... e sentínme escandalizado. Mais pouco a pouco a miña reflexión virou, e pensei que non estaba de todo mal a idea. Se cadra polo menos aínda que a xente soubese a vida íntima de Velázquez polo menos sabería quen foi, aínda que non chegase a coñecer a totalidade da súa obra, pero menos dá unha pedra... Así podería haber programas de cotilleos históricos "Os líos amorosos de Alexandre magno", "A relación de Edipo coa súa nai", "A perversión de Schumann ó casar cunha menor", etc...
Deste xeito perderían importancia outros personaxes, que nada teñen que aportar as nosas vidas...
O de ser copuchento non podemos evitalo, así que...
No hay comentarios:
Publicar un comentario